a miña cesta

O seu pedido está baleiro

Boneca Cestola maior

41,00 €

2 unidades dispoñibles
+

Creamos esta boneca en colaboración coa cooperativa BICO DE GRAO e a súa marca FIXENÖEU, quen confecciona cada creación como unha peza única e especial. Non hai dúas iguais, xa que as súas roupas están feitas a partires de retais, mostrando así esta boneca o valor da reutilización de tecidos.

Sobre cada cachola repousa unha cestiña de cebada feita no Deza por "Carme a dos sombreiros".

Mide aprox 50cm (para a súa idade, é alta...).

*Temos un pequeno stock. Unha vez esgotado, o tempo de entrega será entre 4-5 días laborais.