Formación Cooperativa

 

Como cooperativa, cremos na importancia de traballar na divulgación e coñecemento doutras formas de economía, desde o eido do traballo, o consumo, as finanzas... Por iso deseñamos e dinamizamos procesos formativos arredor do cooperativismo e a economía social, consumo consciente, o traballo en equipo e en rede. Todo desde unha óptica participativa.

Entre os proxectos de formación cooperativa desenvolvidos ata agora podemos nomear a titorización e docencia do módulo de Economía Social e Solidaria no curso da UNED "Principios de una economía justa", obradoiros para persoas desempregadas no eido das habilidades sociais e a xestión cooperativa ou formación específica de contabilidade básica para asociacións veciñais, entre outras. Así como outras colaboracións con proxectos amigos.

A socia-traballadora responsable desta área é Raquel Doallo.

Información adicional

  • imaxe-cuadrada: imaxe-cuadrada