Consultaría social

Na liña do acompañamento a outros proxectos, traballamos fundamentalmente en:

- avaliación de proxectos sociais: avaliacións ex-ante e ex-post nos eidos da educación para o desenvolvemento e cooperación internacional (asistencias técnicas para a Xunta de Galicia, elaboración de avaliacións participativas para proxectos de ONGD...)

- dinamización e asesoramento a iniciativas sociais e empresariais: acompañamento a proxectos en fase de creación, colaboración con outras iniciativas na dinamización participativa de proxectos...

- elaboración de estudos especializados: para a Granxa-Escola de Barreiros (Sarria), por exemplo, elaboramos un estudo participativo na busca de novas vías de actuación empresarial.

- outras liñas de acción afíns onde combinamos o enfoque de xestión empresarial con anos de experiencia en ONG(D) galegas, estatais e internacionais.

A socia-traballadora responsable desta área é Raquel Doallo.

Información adicional

  • imaxe-cuadrada: imaxe-cuadrada