Política de envíos

Os pedidos recibidos entre o 14 e o 20 de agosto, entregaranse a partir da semana seguinte.

Traballamos preferentemente con Correos ou con empresas locais de mensaxería.

Comprometémonos a realizar as entregas de pedidos en 72 horas dende a recepción do pago (días hábiles).

Tarifas:

  • Concellos de Lalín, Silleda, A Bandeira: custes de envío=cero. Seguimos o "Principio cestolo da cercanía" así como o feito de que estes concellos se atopan dentro do noso camiño habitual.
  • Resto do territorio español: tarifa xeral de 5 euros. Se estás en Galicia, fala con nós. Dependendo da túa zona e do período en que precises recibir o teu pedido, podemos traballar outras formas de entrega e na medida do posible evitar custes de envío.
  • Envíos internacionais: contactar con Este enderezo de correo está a ser protexido dos robots de correo lixo. Precisa activar o JavaScript para velo. para pedidos desde fóra da UE. Aplicarase a tarifa correspondente segundo destino e peso.