Esgrafiado cestola

Mural realizado en Castro Caldelas (Ourense) coa técnica do esgrafiado ou esgrafito, unha antiga técnica para recubrir os muros das casas mediante sucesivas capas de cal e area que posteriormente se recurtan con debuxos en relieve. Esta técnica caeu en desuso en Galicia coa chegada do formigón e non se lle deu o valor patrimonial que lle corresponde polo que moitos deles desapareceron.
Foi un pracer coñecer esta técnica das mans expertas de Carola e Berna (Lenzos de Terra e Cal). Miguel Peralta fixo o deseño a coitelo sobre a cal que aplicaron os compañeiros de Lenzos e fíxose o o rascado entre todxs. Un traballo dentro dun proxecto da Ribeira Sacra Consorcio de Turismo.

Información adicional

  • imaxe-cuadrada: imaxe-cuadrada