O almocreve

Mural realizado por Miguel Peralta en Escarigo (Três Povos), Portugal. Miguel baseouse nunha das historias que nos contaron durante os días previos a pintar: a historia dos almocreves. Os almocreves (polo xeral rapaces moi novos) eran os que se dedicaban en épocas de moita escasez a transportar comida (trigo, centeo, froita...) de xeito clandestino dos pobos ás cidades. Coñecimos a un veciño que na época da dictadura de Salazar levaba os productos das aldeas de Três Povos a cidade de Covilhã. Contounos que saía pola noite e buscaba camiños pouco transitados para esquivar aos gardas. Moitas grazas a toda a veciñanza polas ganas de contarnos historias e interesarse polo noso traballo, sentímonos moi coidados e acollidos. E sempre grazas a Elisabeth de Formas Efémeras e a todo o equipo de Covilhã.

Información adicional

  • imaxe-cuadrada: imaxe-cuadrada