Eterno retorno

Mural feito nun pombal da Alameda de Pontevedra por Xoana Almar e Miguel Peralta​. Aproveitando a forma circular do pombal creamos unha historia cíclica: Na parte superior amósase a secuencia dunha eclipse dividida en fotogramas. Na parte intermedia unha muller cos ollos vendados lanza frechas tratando de darlle á mazá que está sobre a súa cabeza, mais ao percorrer o muro as frechas voltan pola súas costas; na parte posterior outra muller cun escudo trata de protexer a ambas das frechas; e no entanto, unha gran serpe percorre a escena ata morder a súa propia cola, envolvéndolas con ela. Na parte inferior amósase un río circular que representa o río Lérez repleto de vexetación.

Información adicional

  • imaxe-cuadrada: imaxe-cuadrada