A Barraca era unha compañía universitaria de teatro ambulante coordinada e dirixida por Federico García Lorca e Eduardo Ugarte. Esta iniciativa enmarcouse dentro do proxecto Misións Pedagóxicas apoiado pola Segunda República e a súa a finalidade era achegar a cultura as zonas rurais en tempos nos que o analfabetismo era unha praga.
Tras o golpe de estado militar que desencadeou na Guerra Civil e o asasinato de Lorca a Barraca disolveuse. Con este mural lembrámonos desta compañía porque o seu traballo non será esquecido.
Foi un pracer participar neste proxecto e moitas grazas a Remedios por contar conmigo.
Miguel Peralta.
Vallecas. 2016