Galería de imágenes

A tecedora

Mural pintado en A Teixeira, Ribeira Sacra ourensá. Nesta zona había moitas tecedoras que traballaban principalmente coa la e o liño. O proceso de preparación dos fíos de liño era moi complexo e precisaba da colaboración de moita xente do pobo (principalmente nenos/as e mulleres). Dada a carestía nos tempos da posguerra non podían adquirir tintes sintéticos polo que empregaban elementos naturais da contorna como noces, toxo, cortizas, líquenes... cos que obtiñan unha fermosa gama de cores. O heroico proceso de tecer podía levar moitos días e dado que o liño precisa de moita humidade, traballábase en espazos pechados coa luz dunha pequena lámpada de aceite ou velas.

Prácticamente desapareceu esta técnica, pero os deseños, formas e cores que escribiron estas mulleres na tea foron unha importante páxina da historia galega que non debemos esquecer.

Agradecemos a Anna Champeney Estudio Textil por abrirnos as portas do seu taller en Cristosende e ver de primeira man este oficio.

Xoana Almar e Miguel Peralta.

A Teixeira (Ourense). 2015.

Información adicional

  • imaxe-cuadrada: imaxe-cuadrada