O ermitán de San Mamede

Neste mural representamos a lenda do ermitán da serra de San Mamede (Ourense).

Conta a historia que un ermitán para construír a ermida no alto da serra empregou a dous corzos para axudarlle a cargar pedras. Un día, un lobo atacou a un dos corzos polo que o o ermitán púxoo a traballar con eles. Así foi como a ermida de San Mamede foi rematada coa axuda dun corzo e un lobo.

Nesta zona de Galicia onde a gandería é a principal fonte de riqueza o lobo é un dos animais mais temido e aparece en moitas das historias locais.

O ermitán leva unha caroza, traxe  tradicional galego feito de palla, moi usado por pastores/as e labregos/as de Ourense . Empregábase para protexerse da choiva e o frío dende tempo inmemorial ata hai unhas poucas décadas. A día de hoxe queda moi pouca xente capaz de facer unha boa caroza, e quen sabe canta xente segue empregándoas  nas profundidades dos montes galegos.

Xoana Almar e Miguel Peralta.

Montederramo (Ourense). 2015.

Información adicional

  • imaxe-cuadrada: imaxe-cuadrada