Os barquilleiros do Sil

Neste mural represéntase unha barquilleira e unha cesta chea de barquillos. Este obxecto de estaño, parecido a un cántaro de leite e con debuxos feitos con pinceis gordos, era onde se transportaban tradicionalmente os barquillos, unhas obleas de fariña de trigo, auga, mel e canela. Na tapa levaba o xogo do barquillo: unha ruleta cuns números que asignaban un premio ás persoas participantes. Os barquilleiros marchaban as grandes cidades (especialmente a Madrid) e animaban as feiras vendendo os barquillos ao grito:

"Al rico barquillo de canela para el nene y la nena, son de coco y valen poco, son de menta y alimentan, de vainilla, ¡qué maravilla!, y de limón, ¡qué ricos, qué ricos que son!".

A xente de Parada de Sil saía a despedilos dende os miradores nos acantilados do río Sil, polo que agora chámanse Balcóns de Madrid.
Á esquerda do mural pintouse unha vista sintetizada dos cañóns do Sil e superposto o rosetón do mosteiro románico de Santa Cristina.

Miguel Peralta.

Parada de Sil (Ourense). 2015.

Información adicional

  • imaxe-cuadrada: imaxe-cuadrada