Mural feito no marco do festival de arte urbana Rexenera Fest en Carballo (A coruña).
O mural é unha homenaxe ao matriarcado, en concreto ás mulleres galegas; e está inspirado na lenda local da Pedra Moura. A figura feminina do mural é a representación desta lenda, que explica a orixe do dolme de Aldemunde: Conta a historia que a moura da lenda levaba unha pedra na cabeza mentres ía calcetando. Cando estaba xa moi cansa deixouna no chan, e a pedra medrou ata converterse nun dolmen.
O mural é unha homeaxe as mulleres galegas que antigamente levaban a cesta á cabeza, transportando as mercadorías das actividades comerciais daqueles tempos. Nel aparecen representadas en total seis mulleres, cada unha delas levando distintos tipos de mercadorías, facendo fincapé nos distintos oficios da época e destacando a importancia vital da figura da muller no desenvolvemento da nosa sociedade pasada e actual.
Fotografía: Sokram.
Miguel Peralta. 2014.