a miña cesta

The cart is empty

POR VACACIÓNS, OS PEDIDOS RECIBIDOS ENTRE 15-19 XULLO ENTREGARANSE NA SEMANA SEGUINTE. GRAZAS POLA COMPRENSIÓN!

Un cesto de mazás
Un cesto de mazásUn cesto de mazás_Xoana Almar_cestola na cachola

Un cesto de mazás

25,00 € each

+

O prezo deste produto inclúe custes de envío.

Como conta Montse Fajardo (autora), este libro "fala de persoas detidas, fusiladas, asasinadas en cunetas, agochadas durante anos en tobos de cortes ou ocos de cociña, humilladas. Fala de foxas, batallóns, cárceres e exilio. Das vítimas evidentes pero tamén das outras. Das nais que pasean de noite na procura da Santa Compaña para ver unha vez máis ao fillo fusilado. Das que buscan a morte nas entrañas dos pozos para reencontrarse con el. Das nenas que miran pola ventá unha escola na que non teñen cabida as fillas dos rojos. Das obrigadas a bordar panos para recoller as bágoas que aínda lles quedan por verter. Das viúvas que trasladan o cadaleito a soas. Dos orfos que marcan co pau da luz as foxas sen nome".

Cada un dos 14 capítulos de Un cesto de mazás ábrese con unha ilustración. Xoana Almar é autora dunha delas.