CESTOLA NA CACHOLA somos tres persoas socias traballadoras: Xoana Almar, Miguel Peralta e Raquel Doallo. Julio Brandido participa tamén no proxecto, como socio colaborador.

Xoana Almar e Miguel Peralta son a parte artística de CESTOLA NA CACHOLA:

  • Xoana formouse como ilustradora, economista e antropóloga e Miguel estudou ilustración e o seu perfil vén marcado pola súa ampla experiencia na arte urbana (graffiti, muralismo).
  • Traballan no eido da pintura desde 2008 facendo: cadros, murais, ilustracións de contos, carteis… Combinando a creación invididual coa conxunta.

Raquel Doallo é economista e nos últimos anos traballou en varios proxectos de acción social e sensibilización ambiental:

  • En 2009, como responsable de control económico de proxectos en AERESS (Asociación Estatal de Recuperador@s de Economía Social e Solidaria), onde iniciou o seu contacto co sector da segunda man a través de iniciativas de inclusión sociolaboral.
  • Foi ampliando experiencia con varias ONG, entidades públicas e privadas en proxectos de educación para o desenvolvemento, sensibilización ambiental e intervencións de cooperación internacional (Chiapas, República Dominicana) vinculadas ao autemprego inclusivo e o cooperativismo.
  • En 2012 especializouse como asesora de empresas cooperativas. Combina esta experiencia coa militancia en varias organizacións galegas do sector da economía social e solidaria, especialmente nos eidos das finanzas éticas e o consumo responsable.